A Amazonia brasileira quéimase a pasos axigantados

1 minutes read

A Amazonia está en chamas, e cada día que pasa o lume e as cinzas pentran máis e máis nun dos pulmóns da Terra.

A deforestación da maior selva tropical do mundo disparouse en máis dun 88% en xuño, en comparación co mesmo mes do ano pasado. É tamén o segundo mes consecutivo da crecente destrución dos bosques baixo a presidencia de Jair Bolsonaro.

«Exactamente agora mesmo hai unha seca na rexión da selva amazónica, e nese tempo os que se apoderan da terra, os madeireiros, os invasores de terras públicas, os que tallan o bosque, os que gañan diñeiro coa destrución, están a avanzar cara ao bosque. É exactamente neste momento cando o goberno debería estar a aumentar as inspeccións, pero o que estamos a ver é unha diminución, unha diminución no orzamento, un Presidente da República que loita contra eses inspectores, un Ministro do Medio Ambiente que persegue a eses inspectores e non lles permite facer o seu traballo», asegurou ao portal Euronews o coordinador de política pública de Greenpeace Marcio Astrini.

En só un mes a selva amazónica perdeu 920 quilómetros cadrados de superficie, case 4 veces a superficie da Cidade de Bos Aires. Cifras que segundo o executivo de Bolsonaro foron manipuladas.

Por agora os datos seguen facendo presión ás políticas ambientais de Brasil, que durante a firma do Acordo de París no 2015, comprometeuse a reducir en polo menos 37% ata o 2025, respecto a os niveis do 2005, as súas emisións de gases de efecto invernadoiro, e en ata un 43% ata o 2030.

Fonte: Euronews