A ampliación das instalacións do centro de día e fogar residencial da Laracha, cada vez máis preto

Centro de día y hogar residencial de A Laracha_Cedida

  • Rematou, sen alegacións, o período de exposición pública da modificación do estudo de detalle da parcela

O Concello da Laracha avanza nos trámites urbanísticos necesarios para poder ampliar as instalacións do centro de día e fogar residencial municipais. A modificación do estudo de detalle da parcela que alberga dita infraestrutura -aprobada con carácter inicial pola Xunta de Goberno a finais de febreiro- superou o período de exposición pública sen alegacións. Agora será o Pleno o órgano competente para elevar a definitiva a aprobación do documento.

O obxecto deste trámite é a adecuación de certos parámetros urbanísticos -como a tipoloxía, altura e ocupación máxima en planta sobre rasante- ás determinacións do Plan Xeral de Ordenación Municipal co fin último de adaptar o planeamento da parcela e establecer as condicións que se deberán cumprir no momento no que se redacte o proxecto de ampliación. A modificación non supón alteracións no destino urbanístico do solo, nin parcelacións do mesmo, e tampouco implica a redución de superficies destinadas a infraestruturas viarias, espazos libres ou dotacións.

Actualmente o fogar residencial da Laracha ten cubertas 17 das 18 prazas ofertadas para persoas maiores dependentes, mentres que no centro de día o número de prazas é de 25,5, das cales nestes momentos hai cubertas 17.