A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) presentará a nova Guía de boas prácticas para liberación de contidos e software o vindeiro 20 de setembro, nun acto público e aberto que terá lugar no GaiasTehc. Esta nova guía que se presenta, foi creada dende un principio pensando non tanto como guía de uso interno, senón para o público xeral. É por isto que se lle deu un estilo máis didáctico, tratando de achegar os contidos dun xeito e cunha linguaxe máis cotián. É por isto que tamén se xuntou nunha única publicación as dúas guías anteriores, para ter un único documento de referencia e porque ao final, os procesos de liberación de contidos e software, aínda que con particularidades propias, están baseados nos mesmos principios.
37