A Andaina e Belén de Lousame recadan 1.457 euros para a Obra Social de Pediatría do CHUS

1 minutes read

Máis de 220 persoas participaron este sábado na Andaina Solidaria e Belén de Cumes en Lousame. Unha iniciativa organizada polo Concello de Lousame, en colaboración coa Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva (ASGPOH), e cuxa recadación foi integramente para a Obra Social de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela: 1.457 euros.

A concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, foi unha das integrantes da corporación municipal que se sumaron a este evento e aproveitou tamén para agradecer a colaboración de empresas como Atmósfera Rekord Sport, Kairós, Eme Sports, Autos Comparado e Churrería Rafa coa iniciativa, de modo que todos os cartos das inscricións e das doazóns solidarias poderán ser entregadas integramente “para investigación e realización de actividades para os nenos e nenas beneficiarios da Obra Social de Pediatría do CHUS, que precisan da nosa axuda”, concluíu.