A ANPA e o Concello de Camariñas organizan clases de teatro en Camelle

1 minutes read
  • Comezarán no mes de marzo e estarán impartidas por Rosario do Ruso

A Asociación de Nais e Pais de Camelle, en colaboración co Concello de Camariñas, organiza clases de teatro dirixidas a persoas maiores de 3 anos. A formación estará impartida por Rosario do Ruso e cada sesión terá dúas horas de duración.

O 28 deste mes haberá unha reunión cos participantes para explicar o funcionamento desta iniciativa que se iniciará no mes de marzo. As persoas interesadas nesta actividade deben enviar un correo electrónico a anpacamelle@gmail.com indicando o seu nome, apelidos, idade e tamén a dispoñibilidade de horarios que ten. O prezo será de 10 euros ao mes.