45
Enfado xeneralizado na sociedade galega tras un anuncio aos catro ventos por parte da Xunta de Galicia da apertura de solicitude de autocita desde as 9 da mañá deste sábado para vacinar aos mozos e que non puido ser. A páxina bloqueouse e deixou de funcionar tanto a páxina web como as aplicacións móbiles do Sergas. Desta forma, a plataforma habilitada pola Xunta volveu a mostrar as súas carencias por segunda vez nunhas semanas. Esta caída na web e a app provocou numerosas queixas en redes sociais. Á súa vez, provocou un atraso de dúas horas na notificación dos últimos datos de coronavirus na comunidade. En palabras do Sergas, esta incidencia débese a que «todo o mundo quixo entrar ás 9».