A aplicación de seguimento de candorcas rexistrou 150 avistamentos en medio ano

A aplicación móbil Orcinus, impulsada polo Goberno galego xunto co Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI) do Grove para apoiar a seguridade na navegación e reducir as interaccións coas candorcas rexistrou 150 avistamentos destes animais en apenas medio ano de funcionamento. Así o detallou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, en Muros, onde deu conta dos resultados desta ferramenta na primeira metade deste ano e que son froito do seguimento realizado por BDRI, entidade encargada de desenvolvela e xestionala.

Orcinus está dispoñible para descarga, entre outros sistemas operativos, tanto en versión Android como IOS -os máis utilizados en España- e permite rexistrar en tempo real a presenza de candorcas así como compartir esta información co conxunto da comunidade usuaria da aplicación. Deste xeito informa dos avistamentos instantaneamente, así como dos rexistrados nas semanas previas á consulta, facilitando ao navegante datos para unha mellor planificación da súa travesía.Para iso, calquera usuario pode darse de alta na aplicación e xeolocalizar avistamentos de candorcas na parte do mundo na que estea a navegar. Eses rexistros son verificados polos responsables do mantemento da APP, que se descarga de xeito automático no idioma no que está configurado o dispositivo do usuario e que emprega os mapas de Google do mesmo xeito para darlle carácter internacional.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha