A aplicación «PassCovid» actualízase para ser «máis intuitiva»

A Xunta lanzou unha nova versión da súa aplicación ‘PassCovid’, que agora será «máis intuitiva» e terá «novas funcionalidades», segundo destacou o Goberno galego. Este servizo posibilita agora a autodeclaración de contactos para que as persoas que estivesen en contacto cun positivo por coronavirus poidan trasladar esta información desde o móbil ata o centro de seguimento de contactos da Consellería de Sanidade. Outra das novidades é que «se simplifica o acceso», de modo que se evita a obrigatoriedade de elixir entre entrar como usuario anónimo ou identificado. Ademais, está a activarse «progresivamente» o rexistro de establecementos nos que estivo a persoa. Desde finais de outubro máis de 58.000 persoas descargaron ‘PassCovid’, que ofrece aos usuarios unha canle de contacto coas autoridades sanitarias, así como información actualizada da situación da pandemia e das restricións vixentes en cada municipio.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha