Xa está activa, dende hai unha semana, a aplicación Sergas Diabetes, que posibilita a pacientes e a profesionais sanitarios facer un seguimento da enfermidade a través do teléfono móbil, incorporando medicións de glicosa e facendo seguimento do exercicio físico ou controlando valores nutricionais.
A información obtida intégrase coa carpeta persoal do paciente e a plataforma tecnolóxica TELEA, o que facilita que o persoal sanitario acceda a eses datos a través da historia clínica electrónica, e, deste xeito, xerar para o profesional e o paciente informes periódicos de seguimento da diabetes.
Así o remarcou o titular da carteira sanitaria do Executivo galego, Julio García Comesaña, no acto de inauguración deste encontro organizado polo Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, en colaboración coa Sociedade Galega de Endocrinoloxía e Nutrición. O acto contou, así mesmo, coa presenza do xerente da área sanitaria, Luis Verde Remeseiro.