Galicia foi a primeira comunidade en poñer en marcha un plan para facilitar a extensión do 5G. O Ministerio de Economía e Transformación Dixital concede dúas subvencións ás propostas presentadas por Telefónica e Orange para realizar pilotos 5 G en Galicia. Estas iniciativas, sumadas ás impulsadas polo Nodo do Plan Galicia 5 G, desde a Xunta, no que participan estes operadores xunto con Vodafone, suman 30 casos de uso 5 G por un importe de 22 millóns de euros.
A día de hoxe o 70% destes casos de uso están completados e o resto na recta final. Son usos innovadores desta tecnoloxía aplicados ámbitos como a atención sanitaria, a educación, na xestión de incendios, a industria, na automoción no audiovisual ou o turismo, entre outros. O seguinte paso será a avaliación destes 30 casos de uso para ver as posibilidades de incorporalos á dinámica dos servizos públicos e dos diferentes sectores produtivos. En Galicia conformouse un ecosistema e un contexto que favoreceu a aposta dos operadores pola comunidade para desenvolver as súas iniciativas de 5G e que permitiu, ser o territorio escollido para a primeira conexión 5G en roaming a nivel mundial ou que Vigo e A Coruña foran das primeiras cidades de España en contar con redes 5G.
45