A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, participou no encontro territorial do Plan Conecta FP para a área da Coruña e Costa da Morte. Asistiron preto de 200 persoas, entre docentes e representantes de firmas empresariais e de centros educativos. A representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades sinalou a da Coruña como unha das áreas con máis implicación nestas ensinanzas. Non en balde, nos concellos da Coruña, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carballo, Cee, Coristanco, Culleredo, Curtis, Oleiros, Ponteceso, Santa Comba, Vimianzo e Zas son un total de 13.818 alumnos os que decidiron cursar este curso un dos 293 ciclos ou másteres de FP ofertados, un 48% máis ca hai unha década. Ademais do alumnado e do profesorado dos centros e institutos da comarca que imparten ensinanzas de FP, tamén interviñeron representantes de institucións e empresas da zona como Inditex, Repsol, Hijos de Rivera, NTT Data ou GERCA Acero y Metal, entre outras.
29