A área de Cultura da Deputación da Coruña reafirma deste xeito o seu apoio ao sector e, en especial, a súa revitalización despois da COVID que afectou especialmente ao mundo cultural. Son en total 2.580.000 € que se reparten en seis liñas de axuda cun orzamento que se verá amplamente incrementado coa publicación proximamente das cinco convocatorias anuais que completan o mapa de apoio ao sector en concorrencia competitiva que son as dúas de festivais, a de proxectos especiais e distribución de produtos audiovisuais e a de contratación de persoal técnico cultural nos concellos. “As convocatorias responden, en primeiro lugar, ao recoñecemento do papel que desenvolven as asociacións de base no desenvolvemento e promoción da nosa cultura e tamén, de maneira especial nesta edición, ao compromiso por apoiar a súa actividade e afortalar as súas estructuras, con especial obxectivo neste ano no mantemento e a creación de emprego no sector”, sinala o deputado de Cultura, Xurxo Couto.
25