A área de Santiago contará con 10 obradoiros que beneficiarán a 188 desempregados

1 minutes read

Estos obradoiros terán presenza nos concellos de Rois, Santiago de Compostela, Val do Dubra, de emprego mozo; e en A Baña, Padrón, Mancomunidade de Ordes, Ordes, Santiago de Compostela Trazo e Ames duais. Estas accións van dirixidas a mellorar as oportunidades laborais de 188 persoas desempregadas.

A actual convocatoria 2023-2024 permitiralles aos concellos, mancomunidades e organizacións sen ánimo de lucro do sector forestal realizar estas accións. Logo da resolución dos sete obradoiros duais iniciaranse de inmediato os procesos de selección dos participantes a través das oficinas de emprego. Os tres talleres de emprego mozo xa están a iniciar as clases estes días.

Terán preferencia as persoas que solicitaran este servizo a través da súa demanda de emprego, en especial aquelas con especial dificultade para acceder ao mercado de traballo: emigrantes retornados, mulleres, vítimas de violencia de xénero, persoas que esgotaron as prestacións, parados de longa duración, maiores de 45, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión, etc

Os alumnos e alumnas recibirán formación e disporán dun contrato de traballo e percibirán remuneración durante a súa participación nesta actividade, que se estende durante 12 meses. A Xunta subvenciona o 100 % do salario mínimo interprofesional (1.080 euros este ano), así como a totalidade das cotas por cada un dos participantes.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?