Esta campaña estará presente en oficinas de Correos de Barcelona ata finais de maio. Trátase dunha acción promocional que xa está incorporada nas pantallas das 22 oficinas de Correos barcelonesas e que ten por obxectivo “chegar a un tipo de público que saiba apreciar toda a cadea de valor da nosa gastronomía, desde un produto de primeira calidade, ata a súa venda a través de tendas especializadas e delicatessen ou a través de establecementos hostaleiros que apostan pola sustentabilidade e pola economía circular”, segundo indica o vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira. Durante os máis de dous meses en que esta acción de promoción permanecerá activa, tamén se están a difundir dous vídeos máis sobre a variedade de recursos turísticos do conxunto do territorio da provincia da Coruña. O vicepresidente, que visitou unha das oficinas xunto co xefe de sector de Correos, Joán Riera, e coa delegada da oficina (a nº 16), Aurora Rodríguez, atópase en Barcelona participando no Salón de Turismo B-Travel.
0