A área de Turismo da Deputación da Coruña contribúe á mellora e profesionalización do sector

Cedida.

  • Será a través de dúas liñas de concorrencia, unha de 1.263.636 € para os entes de xestión para mellora da calidade, e outra de 787.812 € para a profesionalización das áreas municipais.

O deputado responsable da área de Turismo da Deputación da Coruña e tamén vicepresidente, Xosé Regueira, apuntou que “neste ano e, coa situación que estamos a vivir, estas dúas liñas de subvencións son aínda máis necesarias xa que suporán unha inxección económica de gran valor para as urxencias que se impuxeron despois da aparición da covid. Tanto os distintos entes de xestión como os concellos, precisan adaptar o sector a esta nova situación e ofrecer destinos de calidade, seguros e saudábeis e estas axudas serán importantes para conseguilo”. Ademais matizou que a profesionalización das áreas municipais contribúe á “empregabilidade de persoas con formación no sector o que achega coñecemento e calidade ás administracións locais”.