18Intervención da directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado.
Os cinco obradoiros que teñen lugar na actualidade, están ubicados nas localidades de Cambre, Abegondo, Oleiros, Arteixo e Betanzos. En total, 100 alumnos e alumnas sen emprego están a recibir formación especializada, ao tempo que acceden a un emprego. A Xunta inviste nesta actuación máis de 1,7 millóns de euros. Os programas están centrados na atención sociosanitaria a persoas dependentes, na recuperación de espazos verdes e na mellora de infraestruturas municipais. Neles participan persoas sen emprego, que durante o tempo que dura o programa, reciben un salario e, ademais, despois teñen a posibilidade de acceder a un posto de traballo nunha empresa da contorna. Tal e como apuntou a directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, o obxectivo é ocupar a persoas desempregadas mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten ao alumnado a realización dun traballo efectivo que incida na súa cualificación e favoreza unha posterior inserción laboral.