A área recreativa do Ariño, en Camariñas, estrea novos asadores

Asadores en O Ariño_Cedida

  • Poderanse utilizar durante o verán sempre e cando o índice de risco de incendio non sexa extremo

Os operarios do Concello de Camariñas remataron a instalación dos novos asadores na área recreativa do Ariño, na parroquia de Xaviña. Os asadores contan cun tellado, cheminea, unha billa para permitir o apagado das cinzas e brasas e unha zona na parte inferior para o depósito destas. Incorporan ademais un sistema de peche para poder clausuralas cando o Índice de Risco Diario de Incendio Forestal (IRDI) sexa extremo.

A Consellería de Medio Rural autorizou o uso de lume nesta contorna en época de alto risco logo da solicitude do Concello, que estaba avalada cun proxecto técnico que garantía a seguridade do procedemento. Isto reafírmase na zona a través de varios carteis.

A alcaldesa da localidade, Sandra Ínsua, destacou que agora contan cun «merendeiro inigualable” debido, ademais, á contorna da zona.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha