A Armada recibe o submarino S-81 ‘Isaac Peral’, vangarda tecnolóxica naval

1 minutes read

A Armada recibiu no Arsenal de Cartaxena o submarino S-81 ‘Isaac Peral’ nun acto presidido pola ministra de Defensa, Margarita Robles, unha entrega que supón un momento esencial para a historia recente da Armada e da industria de defensa, co que España entra no club da decena de países con capacidade para deseñar e construír submarinos.

O ‘Isaac Peral’ é o primeiro dos catro submarinos S-80 de última xeración, un programa que supón para a Armada española estar entre as mellores dotadas do mundo en canto á arma submarina, e para Navantia consolidarse entre as empresas punteiras internacionais.

Robles deu as grazas pola súa implicación no proxecto á cidade de Cartaxena, á Armada e a todo o persoal de Navantia e do Ministerio de Defensa. Ademais, tivo unhas palabras de recordo para o falecido AJEMA, almirante xeral Antonio Martorell: “Creo que hoxe, alá onde estea, vai sentirse tan orgulloso como sentimos todos”.

No acto solemne procedeuse á firma da documentación de entrega e transferencia entre Navantia e a Dirección Xeral de Armamento e Material do Ministerio de Defensa e desta última ao Arsenal de Cartaxena. Ademais, tomou posesión o que será o primeiro comandante da unidade, o capitán de corveta Manuel Corral, e entregouse a Bandeira ao buque.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?