O Ministerio de Defensa ruso difundiu imaxes do inicio “dos exercicios operativos dos grupos da Frota no mar Báltico”. Nos exercicios participan 40 buques de guerra e máis de 3.500 militares. Moscova tamén fixo saber que a súa Armada tamén está a realizar manobras en augas do Mar do Xapón, cara a onde se dirixían uns buques que partiron da base naval de Okhotsk, no extremo oriental de Rusia. Aquí as forzas son maiores: 60 buques de guerra e de aprovisionamento e máis de 11.000 soldados. A OTAN non queda atrás neste escenario de crecente tensión con Rusia pola guerra en Ucraína. Máis de 10.000 soldados de 14 países adéstranse xuntos en Romanía. Dous deles, Moldavia e Xeorxia, non son membros da OTAN pero manteñen tensas relacións con Rusia.
0