A artesanía de Buño presente na feira internacional Formex de Estocolmo

1 minutes read
  • Entre os obradoiros que participan na edición deste ano están os oleiros de Buño (Malpica de Bergantiños) Alfarería Rulo, Obradoiro Gorín e Alfarería Lista.

A Artesanía de Galicia recibe un impulso no mercado internacional a través da súa participación nunha nova edición da feira profesional Formex, que se celebra en Estocolmo (Suecia) ate o xoves 18 de xaneiro. Preséntase unha colección de pezas de artesanía tradicional e contemporánea na que participan 27 obradoiros artesanais especializados en diferentes oficios. Durante catro días pódese ver na capital sueca unha selección de olería tradicional de Buño e de Gundivós, así como de olería contemporánea, pezas de cestería, cerámica, madeira, pedra, tecido, coiro, bordado contemporáneo, así como coitelos e figuras tradicionais elaboradas con miga de pan. 

As pezas que conforman a colección que se presenta neste evento de referencia no mercado nórdico forman tamén parte dun catálogo profesional de produtos destinado a tendas, distribuidores, interioristas e prescritores internacionais do sector da decoración.

Os obradoiros que participan na edición deste ano son os oleiros de Buño (Malpica de Bergantiños) Alfarería Rulo, Obradoiro Gorín e Alfarería Lista; o de olería tradicional de Gundivós (Sober) Rectoral de Gundivós; os ceramistas da Coruña Víctor Ares, Arobe Cerámica e Susana Anta Cerámica Contemporánea; as de Vigo Misoco, Peixe Nero e a Casa Rodante; Cerámica Unzueta (Brión); Mar Barral (Catoira); Laura Delgado Cerámica (Cambre); Barreiros Artesanía (Nogueira de Ramuín); e a ceramista de Lugo Ceniza de papel.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?