A asociación ACADAR promoveu o emprego de 57 mulleres con discapacidade en 2020

Imagen de una atención individualizada_ACADAR

  • A través do ‘Programa de Empoderamento e Activación para o Emprego’ foméntase a autonomía social e económica das participantes

ACADAR, a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia, redobrou os seus esforzos durante a pandemia para loitar contra os factores de discriminación interseccional que afectan ás mulleres con discapacidade, e fíxoo a través do ‘Programa de Empoderamento e Activación para o Emprego’, onde participaron 57 mulleres durante o ano 2020.

Esta iniciativa da Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica (COCEMFE), promovida en colaboración co proxecto Incorpora da Fundación ”la Caixa”, busca contribuír ao empoderamento das mulleres con discapacidade fomentando a súa autonomía social e económica. Ademais, todo este proceso actúa como motor de cara á activación da busca de emprego para aquelas mulleres sen traballo desde fai bastante tempo ou que se atopan nunha situación de maior vulnerabilidade.

Para iso, fíxose fincapé en dar resposta ás necesidades das mulleres con discapacidade a través do reforzo dos recursos tecnolóxicos do persoal técnico ou a implantación de medidas extraordinarias para a adaptación dos servizos.

En detalle, o ano pasado dedicáronse 225 horas á atención individual, conseguiuse a inclusión laboral de 9 mulleres con discapacidade e impartíronse 74 horas de sesións grupais en empoderamento, habilidades prelaborais e alfabetización tecnolóxica.

Durante 2021, o ‘Programa de Empoderamento e Activación para o Emprego’ continúa desenvolvéndose en Vigo, onde se prevé atender 85 mulleres con discapacidade. As persoas interesadas en participar poden enviar unha mensaxe ao correo igualdad.galicia@cocemfe.es ou no teléfono 664.068.185.