A Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros, Adisbismur, é a gañadora do concurso «Balcóns da Diversidade» do programa «Liberdade de ser e sentir» co que a área de Igualdade da Deputación da Coruña conmemorou o pasado 28 de xuño, día das diversidades sexuais.
Durante todo o mes de xuño a área de Igualdade da Deputación da Coruña impulsou a campaña Liberdade de ser e sentir!, co obxectivo de sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero.
Nesta edición, un total de 58 concellos e 10 entidades da provincia da Coruña participaron na iniciativa dándolle unha maior visibilidade á mesma e trasladando unha mensaxe clara e rotunda á cidadanía: a igualdade das persoas independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero.