A asociación antidroga Vieiro celebra este ano o seu 30º aniversario

Imagen de la sede actual y temporal de la Asociación en la calle Xazmíns_Cedidamins

  • Non cambiaron os piares básicos do seu servizo: información, orientación e asesoramento

Vieiro, a asociación antidroga con sede en Carballo, celebrará en setembro deste ano o seu 30º aniversario. Os cambios de local non minguaron nada os servizos ofrecidos pola entidade, que se basean na información, orientación e asesoramento a afectados e familiares.

A asociación continúa co seu labor social a través de varios programas e talleres en centros escolares e empresas, buscando a mellor forma de poder chegar a un público novo que cada vez está máis exposto a situacións que poderían desencadear situacións graves de adiccións. A ludopatía, o acoso escolar, a xestión das emocións, a loita contra a discriminación ou a violencia de xénero son algúns dos temas tratados pola entidade.

Vieiro abarca unha ampla poboación entre as comarcas de Bergantiños, Soneira, Fisterra e Xallas. Ademais, a posibilidade de establecer un contacto continuo e directo cos seus profesionais é cada vez máis sinxelo, pois as consultas tamén pode realizarse mediante vía telefónica, WhatsApp ou correo electrónico.

O primeiro local da asociación estableceuse no edificio consistorial de Carballo en 1991. Alí realizarían os seus labores ata 1998, cando se trasladarían a Vázquez de Parga. Con todo, esta non sería a súa sede final xa que en outubro do 2020 unha ou varias persoas asaltaron e queimaron o centro, polo que actualmente os servizos ofrécense de forma temporal nun local cedido polo Goberno local na rúa Xazmíns nº2.