A Asociación Barrio da Milagrosa en Carballo comeza nova promoción


A Asociación de comerciantes, hostaleiros e profesionais do Barrio da Milagrosa en Carballo puxo en marcha unha nova iniciativa para fomentar o dinamismo comercial e as vendas nos establecementos da zona.

A iniciativa está pensada con motivo da celebración do Día da Nai o primeiro domingo do mes de maio. Ata esa data, todas as compras realizadas nos establecementos asociados participarán no sorteo de dúas escapadas termais dunha noite en réxime de media pensión e acceso ao club termal no Hotel Balneario Río Pambre en Pas de Rey. Os sorteos celebraranse os días 3 e 4 de maio.

Audio promocional da campaña.