0
Dende as 11.00 ata preto das 13.00 horas deste sábado, membros da Asociación contra o Cancro de Malpica coa súa presidenta, Carmen Teresa Blanco, informaron ás persoas que se achegaron ata alí dos riscos da nicotina e das consecuencias de fumar. Tamén venderon merchandising para recadar fondos destinados íntegramente á investigación. Ata alí achegáronse, a concelleira de Cultura, Deportes e Patrimonio, Noelia Freijeiro, o alcalde de Malpica, Eduardo Parga e Marisol Blanco, concelleira de Servizos Sociais, e co concelleiro Miguel Varela do BNG. Dende a Asociación Española Contra do Cancro búscase contribuír a lograr a primeira xeración libre do fume do tabaco en 2030.