A Asociación Cultural Arume de Verdillo celebra este sábado un Obradoiro de Nadal

0 minutes read

Desde a Asociación Cultural Arume de Verdillo, unha das decanas da Costa da Morte, con 40 anos de traxectoria, comunícannos que este sábado 10 de decembro terá no seu local un Obradoiro de Nadal para nenos. Nel aprenderán a facer os seus adobíos de Nadal. A actividade, da que se encarga Silvia (de Ponteceso), e para a que hai máis de 50 nenos inscritos, levarase a cabo a partir das 17:00 horas.