Na Asociación Cultural Arume de Verdillo continúan coa programación do mes das Letras Galegas. Este sábado 24 de maio coa finalidade de poñer en valor a presenza do acordeón na música tradicional galega celebrarán a III Xuntanza de Acordeóns ás 17.00 horas no local social de Verdillo
As aulas de acordeón, impartidas por Fran Barcia, constitúen un piar esencial dentro da asociación e contan cun amplo número de alumnos que vai en aumento cada curso. Por iso é polo que queren ensalzar a importancia do acordeón e dos seus acordeonistas neste evento.
Na terceira edición desta xuntanza ademáis dos grupos de acordeón da A. C. Arume de Verdillo, contarán coa presenza dos de A.C. Brisas do Quenllo de Tordoia, A.C. Adro de Baio , Amigos do Aordeón de Oroso (Sigüeiro) e a A. C. Pena Maior de Marrozos.