Este sábado trinta de decembro contarán con Brais das Hortas e o seu espectáculo “Contos para caghar patatillas “. Terá lugar ás 18.00 horas no local social cunha exhibición de música, clown e contos para toda a familia. Un espectáculo para morrer de medo… ou de risa!.
A partir das 20.00 horas celebrarán con toda a rapazada inscrita previamente a Pequefesta de fin de ano. Disfrutarán dunha noite chea de música, xogos, cea e moita diversión ata o día seguinte. Para esta festa de fin de ano hai 43 nenos inscritos.
Para rematar o nadal, o venres cinco de xaneiro a partir das 17.00 horas terá lugar a tradicional Cabalgata de Reis, organizada por todas as asociacións da parroquia de Verdillo. A partir das 19.30 horas. As Súas Maxestades achegaranse a saudar os rapaces e as súas familias ao local social.
28