Un ano máis, a Asociación Cultural Cultura Aberta de Carral aposta forte polo seu Concurso de fotografía Manuel Ferrol a nivel estatal. O pasado venres, a continuación da entrega de premios das imaxes gañadoras da V edición, convocouse a VI edición, na que a fotografía gañadora obterá un premio de 1.000 euros. O segundo premio gañará 400 euros e o terceiro 200.
Poden presentarse tanto profesionais como persoas afeccioadas á fotografía de calquera idade, cun máximo de catro imaxes por participante. O prazo límite para enviar as imaxes á Casa da Cultura de Carral é o 28 de decembro, data exacta do cumpreanos de Manuel Ferrol.
As bases completas da convocatoria están dispoñibles na web da Asociación: www.culturaaberta.gal Compre sinalar que hai catro puntos físicos para entregar as fotografías en A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol e Carballo. Ademáis, o punto central de recollida e envío de fotografías é a Casa de Cultura do Concello de Carral.
O 27 de febreiro de 2026 coñecerase o fallo do xurado deste importante premio fotográfico.