A asociación cultural San Campio de Cances súmase ao «Movie-Resistirei»


A Asociación San Campio de Cances (Carballo) difundiu este martes un vídeo-movie do xa mítico tema en tempos de corentena «Resistirei», neste caso os verdadeiros protagonistas son os veciños e veciñas da parroquia quen desde as súas casas enviaron as gravacións para ser encadeadas a modo de película-karaoke, coa finalidade de animarse mutuamente «tod@s xunt@s» en tempos de confinamento.