A Asociación de Concellos do Camiño Inglés promociona a ruta como “camiño seguro”

Os concellos da Asociación do Camiño Inglés arrancaron a reactivación da peregrinación por unha ruta que se abre como “camiño seguro” despois do coronavirus. O acto de inauguración tivo lugar na ponte de Sigüeiro. No que participaron o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, o deputado provincial Antonio Leira e os alcaldes de Oroso, Manuel Mirás e Santiago, Xosé Sánchez Bugallo ademais do conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez e a comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira. O Camiño Inglés inicia así a súa andaina tras o estado de alarma con esa camiñada promocional dos 18 concellos que o conforman. O vicepresidente da Deputación da Coruña Xosé Regueira destaca que “a seguridade e o cumprimento dos protocolos vai ser unha das garantías para recuperar os visitantes dunha ruta que é fundamental para os concellos que atravesa”.