A Asociación de Empresarios de Santa Comba, candidata ao Premio PEL á ‘Mellor iniciativa empresarial’

PIXABAY

  • A gala celebrarase este xoves, ás 19:00 horas, na Finca Montesqueiro (Oleiros)

A Asociación de Empresarios de Santa Comba agarda con ansia a gala dos IV Premios PEL da Deputación da Coruña ao ser candidata á ‘Mellor iniciativa empresaria’l da provincia. O evento celebrarase ás 19:00 horas na Finca Montesqueiro, en Oleiros.

A este galardón optan outras catorce asociacións, e a gañadora acadará un total de 15.000 euros que, no caso da asociación de Santa Comba, «seguro serán ben invertidos para formación e campañas que incentiven o consumo no comercio local».

Campaña Días Azuis

Un dos 64 premios repartidos na Campaña de Días Azuis, promovida pola Xunta de Galicia por medio da Federación Galega de Comercio, recaeu en Santa Comba.

María Allo Parajó conseguiu unha tarxeta regalo de 150 euros tras mercar na empresa asociada Electroxallas.