Na mañá deste luns o presidente da Asociación de Empresarios de Santa Comba, Alberto Romar, fixo entrega do premio da campaña “mercar e viaxar, todo é gañar”, celebrada do 22 ao 31 de agosto e na cal participaron 50 comercios asociados.
O premio recaeu en Inmaculada que mercou no comercio nicrariense Lúa Moda, no cal a súa propietaria, Victoria García se mostrou moi ilusionada co feito de repartir este “premiazo” entre os seus clientes.
A afortunada foi Macu, que disfrutará dunha viaxe a Gran Canaria en réxime de media pensión en hotel de 4 estrelas durante 7 xornadas.
O acto de entrega levouse a cabo na tenda asociada Viaxes Amarelle, local onde se realizou a compra da viaxe.
Dende a Asociación de Empresarios de Santa Comba agradecen a alta participación nesta campaña, a cal dinamiza o pequeno comercio incentivando as compras no mesmo.