A Asociación de Empresarios de Santa Comba, que preside o xalleiro Alberto Romar, vén de poñer en marcha unha iniciativa solidaria de apoio ao pobo ucraíno, para tratar de contribuir á axuda ás vítimas da guerra provocada pola invasión rusa a súa nación. Produtos de primeira necesidade, material sanitario ou medicamentos, configuran a listaxe de todo o que se precisa e se pode doar. A entrega está habilitada ata o domingo 13 de marzo nos seguintes locais ou comercios da vila xalleira:
- Oficinas da Asociación de Empresarios de Santa Comba (Rúa Pontevedra) de luns a venres de 9:30 a 15:00 horas.
- Hotel Xallas, Quercus, Elextroxallas, Talleres Arán, Rural Center, Talladas, A Nosa Vila ( A Pereira), Infozone, El Juguetón (Negreira).
-Para máis información, contactar con Cristina: 667 370 193.
Unha vez rematado o prazo de recadación a directiva da Asociación acercará todo o material doado á Base de Protección Civil de Santiago de Compostela, que por medio dunha empresa autorizada o fará chegar ao pobo ucraíno.