A Asociación de Hostalaría de Carballo colabora no reparto de bonos para o autocine


  • As proxeccións realizaranse os días 2, 3 e 4 de xaneiro no polígono industrial de Bértoa

O Concello de Carballo leva anos destacando pola súa forte aposta no ámbito da cultura, por iso decidiu comezar este 2021 con varias sesións de autocine. As proxeccións realizaranse os días 2, 3 e 4 de xaneiro no polígono industrial de Bértoa.

Por calquera compra mínima de 20 euros nun dos comercios locais adheridos á campaña “Este Nadal en Carballo”, ou consumindo nalgúns dos establecementos que forman parte da Asociación da Hostalaría de Carballo, podes reservar unha praza paras as sesións de autocine que organiza a Concellaría de Promoción Económica. Coa consumición recibirás un bono que deberás activar aquí.

Outra forma de conseguir unha praza é presentando o tíquet da túa compra (mínimo 20 euros) no Museo de Bergantiños ou na Biblioteca Rego da Balsa.

En cada sesión poderán participar 90 coches, que deberán estar ocupados exclusivamente por persoas conviventes.