17
Achégase o Entroido e con el unha deliciosa receita francesa directa á vosa mesa. A Asociación de Irmanamento de Carballo con L´Isle Jourdain organiza un especial ‘Entroido Gastronómico’. A cita será este venres 10 de febreiro, os reposteiros carballeses José Antonio Deus e María Fuentes, da Confitería San Luís, guiarán un showcooking – obradoiro de repostería francesa no Fórum Carballo de 18:00 a 20:00 horas. Durante o mesmo proporcionaranse a todos os participantes os ingredientes e material necesarios para crear unha saborosa sobremesa francesa de Entroido.