A Asociación de Maiores de Arteixo encargarase de acender o Nadal 2022

0 minutes read

O colectivo escollido este ano para dar o pistoletazo de saída ao Nadal do 2022 é a Asociación de Maiores de Arteixo, co tradicional acendido das luces. O acendido terá lugar ás 18:30h na Praza do Balneario.

O evento levarase a cabo na tarde do próximo venres 2 de decembro.

Ademais, tamén se contará con animacións pasarrúas do espectáculo “Os Trasnos do Nadal” a partir das 6 da tarde.