A Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños organiza unha formación sobre as axudas do PEL 2021

PIXABAY

  • Será este martes a partir das 20 horas, e poderá seguirse nas redes sociais da entidade

A Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober) considera primordial informar continuamente aos empresarios e traballadores das últimas novidades relacionadas cos seus proxectos, así como formar ás empresas para que gañen en profesionalidade e competitividade. Por este motivo, e tendo en conta a situación económica actual, a asociación artella varias actividades nas que se inclúe unha xornada técnica, en colaboración coa Deputación da Coruña e o Concello de Carballo, sobre as axudas do Plan de Emprego Local-PEL 2021.

A sesión celebrarase este martes 30 a partir das 20:00 horas, e será retransmitida en directo a través das canles de YouTube e da páxina de Facebook de Axober. Durante a retransmisión os participantes poderán facer as preguntas que consideren, pero tamén poderán envialas con anterioridade a informacion@axober.org.

Na xornada participarán técnicos do PEL e o presidente da Comisión de Transición Ecolóxica, Emprego e Territorio Sostible da Deputación, Xosé Ramón Rioboo.