A pertinente desescalada marcada polo Goberno, en parte pouco axustada á realidade da comarca, aínda segue afogando ao gremio da hostalería, que espera como auga de xuño, porque maio termínase, unha solución definitiva á multitude de problemas que se atopa no seu día a día, mantementos, Seguridade Social, rendas, etc… angustian a un dos sectores comerciais máis castigados pola pandemia.
Para facer forza conxunta, resolver dúbidas, servir de interlocutores coas administracións e tratar de reactivar a actividade, case medio centenar de empresarios do ramo uníronse na capital de Bergantiños, agrupados como a Asociación Hostalería Carballo, e que en breve realizarán unha reunión para socios interesados en recibir a información que necesiten acorde coa súa actividade.
Ademais xa puxeron ao dispor de todos/as dous números de teléfono para unha comunicación rápida e directa con eles, estes números son os seguintes: 981 755 151 Juan e 981 701 763 Carlos.