A Asociación Íntegro de Cabana de Bergantiños recibe a Medalla Pardo Bazán

Cedida.

A Fundación María José Jove e a asociación Íntegro recibiron este martes as Medallas Pardo Bazán coas que se recoñece a contribución de persoas e entidades para construír unha sociedade máis igualitaria, xusta e solidaria. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, celebrou que estas condecoracións premien a traxectoria de mulleres referentes “que inspiran ás demais a seguir o camiño da igualdade”, e asegurou que non hai táctica nin discurso político que poida ignorar que as mulleres aínda son vítimas da desigualdade polo que na loita da igualdade non caben “nin titubeos, nin pasos atrás”. No caso de a Asociación Íntegro de Cabana de Bergantiños, o titular do Executivo autonómico remarcou como a igualdade e o compromiso están na súa esencia, así como as tres décadas de dedicación para que as mulleres con discapacidade poidan acceder a un traballo co que desenvolver con autonomía a súa vida.