A Asociación Princesa Rett organiza este sábado unha cea-baile cocido solidario en Ponteceso

As entradas están dispoñibles en varios locais, a un prezo de 35 euros. Dende a organización animan a cidadanía a colaborar nesta causa. O seu obxectivo é poder axudar as familias cos custos das terapias e materiais precisos para mellorar a calidade de vida das nenas e dar visibilidade as enfermidades raras.
O polideportivo de Ponteceso acollerá este sábado 24 de febreiro, a partir das 21.00 horas, unha cea-baile solidaria. O apartado gastronómico consistirá nun cocido e o que se recade irá parar á entidade Princesa Rett, síndrome que padece, entre outras, a pequena Daniela Novo Garrido. Promove o Concello e colaboran varios locais, haberá sorteos e amenizarán o velada Anxo Sevilla, Laura Añón e JJ Compota. Entradas á venda (35 euros) no restaurante Imperio, O Pazo, O Cruce, Imprenta Axuste Gráfico, Salón de peiteado A Nova e teléfono 690 132 581.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha