39
- A manifestación será ás 20:00 h na Praza da Pedra de Carnota
Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a Asociación Sonlilá ten convocada unha concentración ás 20:00h na Praza da Pedra de Carnota. No acto lerán un manifesto propio e máis a declaración conxunta da Marcha Mundial das Mulleres da que forman parte, que este ano pon o foco especialmente na xustiza.
Aparte de saír ás rúas, desde Sonlilá tamén queren facer ruído, polo que convidan ós asistentes a que leven potas ou outros utensilios. Así mesmo, neste mes de novembro, organizaron varias actividades e cada venres de comadres, visibilizarán ás vítimas de violencia machista deste ano.