Cedida unha colección de pezas de gaita á Asociación Triskell de Arteixo

Cedida.

A colección de pezas de gaita da Deputación da Coruña está xa en mans da Asociación Triskell de Arteixo, despois do acordo asinado polo deputado de Cultura, Xurxo Couto, e o presidente da entidade de cultura tradicional, Roberto Mosquera. A colección, que procede do fondo do Ballet Rey de Viena, inclúe pezas de importantes obradoiros como os de Seivane, Carril, Bao ou Antón Corral e Triskell ten idea de que pasen a formar parte do museo da gaita.

Os punteiros son as pezas máis numerosas da colección que a Deputación cedeu á Asociación Triskell de Arteixo. Un total de quince compoñen o conxunto que inclúe tamén roncóns, buxas de punteiro, buxas de roncón ou copas de roncón e que proceden do fondo do extinto Ballet Rey de Viana. Á sinatura do convenio, ademais de Xurxo Couto e Roberto Mosquera asistiu o músico e director do grupo de gaitas de Triskell, Bieito Romero.