Unha espectacular comparsa, con visuais coreografías musicais, composta por membros, de moi diferentes idades, da asociación Trubisquiña de Vimianzo, levou o primeiro gran premio de comparsas do Entroido vimiancés, nin máis nin menos que mil euros, pola posta en escea de «a través da pupila». Un sábado de Entroido moi colorido, participativo e cunha gran afluencia de público, animado coa actuación en directo da Orquestra Trébol.
María Fraga, de Orquestra Trébol, foi a encargada de ler aos premiados seleccionados polo xurado en presenza da alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez.
Así foi a actuación da comparsa gañadora «a través da pupila»