A asociación Vieiro alerta de botellóns e celebracións non permitidas

A asociación Vieiro emitiu un comunicado no que alerta de «celebracións pohibidas, botellóns e outras reunións nocturnas en varios lugares non paran de celebrarse a pesar das restricións, normativas e diversas recomendacións das autoridades sanitarias para frear a expansión do coronavirus».

Mentres que afortunadamente, a maioría das persoas toma medidas e precaucións para evitar o contaxio por COVID-19, outras, ante o peche e limitacións de horarios e aforos dos locais de lecer nocturno, fan caso omiso das advertencias convertendo e prolongando as súas saídas nocturnas en botellóns e celebracións ilegais en pisos ou en coches, actividades que supoñen un perigoso foco de contaxio ao facer as reunións de grupos numerosos de persoas, moitas delas sen máscara e algunhas bebendo da mesma botella, entre outras actitudes que poden afectar á saúde na situación actual que estamos a vivir debido á pandemia por coronavirus tanto polo consumo de alcol como polo risco de transmisión do covid-19, afirman desde Vieiro.

Piden responsabilidade

  • A ti!, Non esquezas o esforzo que tanto ti como os teus maiores estades a facer.
  • A ti!, que tes familia con persoas de alto risco e/ou persoas maiores ás que podes chegar a expoñer con este tipo condutas irresponsables.
  • A ti!. Non é cuestión de que non che divirtas, é cuestión de que te divirtas da forma que agora toca divertirse, e isto é facelo de forma responsable.
  • A ti!. Tan só che pedimos reflexión, prudencia e responsabilidade nestas festas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha