A Asociación Vieiro atendeu a un total de 52 persoas en 2021

A Asociación Vieiro deu a coñecer o balance correspondente ao ano 2021 do Servizo de Atención Xurídico-Social destinado a aquelas persoas afectadas por calquera problemática xurídica derivada de condutas adictivas. Este programa ten como obxectivo dotar uns leitos de asistencia orientativa que permita garantir ao dependente dunha xusta defensa dos seus intereses ante as eventualidades que se producen ao longo da súa dependencia, ben sexa fronte á administración de xustiza ou ante calquera administración pública. Os datos foron presentados pola Presidenta Fina Rey a quen acompañaron a secretaria Mª do Pilar Mata e a Avogada e responsable do Servizo Susana Couto.

Durante o ano 2021, a Asociación Vieiro atendeu a un total de 52 persoas, todos homes e pertencentes aos diferentes concellos que conforman as comarcas de Bergantiños, Soneira, Fisterra e Xallas. O perfil dos destinatarios do programa correspóndese cunha franxa comprendida entre os 16 e 68 anos de idade, viven nun medio entre o rural e o urbano e pertencen a unha clase media-baixa en canto a nivel de ingresos e nivel cultural se refire.

Un 50% vén derivado doutros servizos e institucións dedicadas ao tratamento de condutas adictivas da Xunta de Galicia, seguido dun 42% dos/as usuarios/as que demanda persoalmente o servizo por propia iniciativa. Entorno a outro 4% son familiares e/ou amigos os que acoden a pedir información/orientación en materia xudicial e un 4% son derivados de servizos do Sergas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha