A Asociación Vieiro, instalada temporalmente na súa nova sede sita en R/ Xazmíns, Nº 2 de Carballo, segue ofrecendo os seus servizos habituais para informar e orientar tanto a persoas con algún tipo de adicción ou problema, como ás súas familias.
Vieiro, que abarca toda a Costa da Morte e mesmo a comarca do Xallas, proporciona un servizo gratuíto ao estar subvencionado polo «Servizo de prevención de condutas adictivas da dirección xeral de innovación e xestión de saúde pública» da Xunta de Galicia.
As consultas poden ser presenciais debido ás medidas de prevención e hixiene fronte ao covid-19.
Máis información nas redes sociais da entidade, no teléfono 981 756 161, ou a través whatsapp 604075815.