A Asociación Vieiro dentro da súa programación de prevención de condutas adictivas, pon en funcionamento un novo servizo denominado «Vieiro en Liña«. Trátase dun servizo de WhatsApp no número 646 78 70 42, atendido polas profesionais de Vieiro, que gardan o anonimato e a confidencialidade das persoas que o utilizan. Este servizo compleméntase coas diversas canles que a Asociación Vieiro pon ao dispor da poboación co fin de resolver aquelas dúbidas que xurdan en relación ás condutas adictivas, como son as redes sociais Instagram e Facebook. Para iso está dispoñible o teléfono 981 75 61 61, ou a través do correo electrónico vieiro@vieiro.org.
O obxectivo deste novo servizo é dar información e resposta á poboación xuvenil sobre temas e cuestións relacionadas con condutas adictivas, con e sen substancia, así como a outros colectivos claves na prevención, como son familias e/ou educadores/as para orientar ante situacións conflitivas, sobre habilidades e estratexias psicoeducativas de actuación familiar e/ou escolar cando se detecten problemas precoces de conduta co fin de manexar e afrontar situacións problemáticas de condutas de risco.