A asociación Vieiro pon en marcha novas Escolas de Familia

2 minutes read

O pasado martes, día 23 de xaneiro, a asociación Vieiro dentro da súa programación no ámbito de prevención familiar iniciou outra dúas Escolas de Familia, unha no CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Buño en horario de 16.30 a 18.00 horas e outra no CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso en horario de 18.30 a 20.00, ambas as con periodicidade semanal.

Xunto con estas escolas, seguen a súa andaina:

A escola de familia do CEIP de Zas os luns de 16.00 a 17.30 con periodicidade quincenal.
A escola do CEIP Celso Emilio Ferreiro da Silva, os luns quincenalmente en horario de 19.00 a 20.30.
A escola de familia do CEIP Nétoma Razo que se imparte no antigo colexio Nétoma-Razo os luns de 18.30 a 20.00 mensualmente.
A escola do CEIP Bergantiños de Carballo, os mércores de 16.00 a 17.30 con periodicidade semanal.
A escola de familia que se imparte na Sede de Vieiro os mércores de 18.00 a 19.30 semanalmente.
As escolas de familia que se imparten no CEIP Otero Pedrayo da Laracha os xoves, o primeiro grupo en horario de 17.00 a 18.30 e o segundo de 18.30 a 20.00. Ambas as con prioridade quincenal.
A escola de familia que se imparte na Sede de Vieiro os venres de 19.45 a 21.15 quincenalmente.

A duración das escolas prolongarase ata o mes de maio. As sesións teñen unha duración dunha hora e media.

Os talleres que se levarán a cabo nas escolas de familias son:

TALLER 1: : “CARTAS DE NAVEGACIÓN” (HABILIDADES SOCIAIS)

TALLER 2: “BUSCANDO O NORTE” (DISCIPLINA POSITIVA) TALLER 3: “CADA BARCO TEN O SEU TEMÓN” (NORMAS E LÍMITES )

TALLER 4: “CAPEANDO O TEMPORAL” (RESOLUCIÓN DE CONFLITOS)

TALLER 5: “MAR DE REDES” (NOVAS TECNOLOXÍAS)

TALLER 6: “MARIÑEIROS E MARIÑEIRAS” (COEDUCACIÓN E IGUALDADE)

As profesionais encargadas de impartir estas escolas son Miriam Romero Traba e Lara Rodríguez de las Heras.

Se algunha persoa está interesada en acudir a algunha escola, pode anotarse chamando á Asociación Vieiro ao teléfono 981756161 ou a través do Whatsapp 604075815 deixando o seu nome, número de teléfono e a escola á que desexe asistir.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?