A Asociación Vieiro poñerá en marcha un curso para deixar de fumar

1 minutes read
  • O curso comezará no mes de abril e constará de 5 sesións

A Asociación Vieiro en colaboración coa Xunta Provincial da Coruña da Asociación Española de Loita Contra o Cancro, levará a cabo un curso de deshabituación tabáquica que dará comezo no mes de abril. Este curso constará de 5 sesións, con frecuencia dunha sesión semanal de 1 hora de duración.

Antes de comezar as sesións, os usuarios deberán realizar unha entrevista individual coa psicóloga para coñecer o seu hábito tabáquico e así establecerase un contrato terapéutico no que se fixará o día de deixar de fumar, denominado “Día D”. A partir de aí, os aspectos que se traballarán serán: os principios da dependencia física e psicolóxica, os beneficios de deixar de fumar, barreiras e valores no proceso de deixar de fumar, a redución gradual do consumo de cigarros (acompañado ou non de medicación), técnicas de control, e o impulso para poñer en práctica hábitos de vida saudables como o manexo da ansiedade ou a alimentación.

A inscrición do curso pode facerse a través do número de teléfono 981 756 161 ou mediante o correo electrónico: vieiro@vieiro.org.